quarta-feira, 22 de abril de 2009

Tola é palabra de home


A toleria e unha invención masculina. Dende que tomei consciencia diso enfurezo cada vez que escoito esta frase en beizos de home para xustificar cabreos propios ou desconhecementos alheos.

Unha mulher enfurece por algo e un home di: "Está tola", porque esa furia escenifícase, para el, nalgo que semalha chegar de ningures. Unha vez escoitei a Saramago dicer:

"Os homes din que nao entenden as mulheres, pero é porque nao miran para elas. De repente ela fai algo que él nao sabe de ónde ven, pero si para ela mirara descubriria que facia tempo que vinha tendo un problema o que estaba disgustada por algo e que eso que él está a ver nao é máis que a explosión dunha situación, por el, ignorada"
Axudados pola forza das costumes e favorecidos polas estructuras educacionais que nos someten a cegueira moitos homes utilizan a frase tamen para xustificar cabreos propios descargados sobre mulheres, "Nao son eu quem tem o problema es ti que estas tola quem me enfurece!!", e moitas de nos nao nos damos conta e pensamos que tenhen razon, e rematamos creendo que estamos tolas.
O bom das palabras e que sempre poden mudar de significado, podes facer as tuas e desfacerte da carga negativa, podes pensar que a xenialidade ta na tolemia, podes reivindicar a tua parte tola..pero o melhor e que pechemos as orelhas as palabras desagradabeis dos homes!!!! sempre que poidamos!!!!!