quinta-feira, 18 de novembro de 2010

Tamos



Últimamente anda a dar voltas na minha cachola unha cousa na que nunca antes tivera reparado. Fixeron as feministas occidentais a elección dun caminho adecuado? imos bem co noso pensamento ou andamos un chisco desorientadas? quizáis o noso concepto de liberdade nao sexa realmente libre para nós, quizáis deberíamos facer una análisis máis profundo sobor de ónde vimos, unha crítica o noso propio sistema de valores.
Claro que a gran pregunta, e ista si ma tenho feita un murikinho de veces é: qué che ven sendo o feminismo? é posibel facer unha revolución feminista? porque, o feminismo, nao é un durísimo caminho persoal a maioría das veces intransferibel?
Penso que no occidente andamos a dar paos de cegas procurando atopar un caminho de liberdade, pero andamos a pensar que a liberdade é o que os homes tenhen, e iso, nao nos fai esclavas de outra visión alienante? quizáis podamos ter a posibilidade de ser realmente libres, libres dentro de nós mesmas, nun caminho propio que nao se deixe levar por historías de "mulheres-poder".
Pero en verdade todo este pensamento empezou dende: por qué pensan unha chea de mulheres feministas occidentais que poden ir a decirlhe as restantes mulheres do mundo cómo deben facer o seu caminho de liberdade e cales son os espacios de sumisión cos que deberán romper?