quarta-feira, 8 de junho de 2011

Tempo


Si o tempo é unha cousa que alguem inventou por nós, cómo fixo para nos convencer de que é importante?
Tan dentro de nós que nos agobiamos por non seren capaces de desfacernos del,pasou un mes, pasaron dous, pasou un ano, pasaron caseque cuarenta e empezamos a darlhe voltas a testa, por qué, por qué, por qué nao fixen isto antes, por qué ainda tou nestas? quizáis si deixamos de nos preocupar do tempo, si deixamos a vida que siga a modinho ou a tentas ou rápida fagamos o fianl aquelo que desexamos e tenhamos o final aquilo que queremos.

sábado, 9 de abril de 2011

Momentinhos de fufa


Estou hoxe nun curso, un curso todo de mulheres, ha só un home.
Este chega e unha das minhas companheiras mira para nos con mirada seual e dí: "Es mío", de dentro de min, sae, automáticamente un "Todo teu minha rulinha".
E eu pregunto-me, se o mundo nao se adicara a esconder os fufismo nas súas relacións cotidianas, cómo tería sido a frase da minha companheira? cómo tería sido a mirada si establecera que quizáis nao todas gostamos dos homes?
Nao digo nada da natureza do comentario porque era unha broma e penso que sería un poco descontextualizado xuzgar a gracia en sí; ainda que sempre se pode pensar en qué relacións sociais creamos para producir ese chiste.
Uhhhhh!!! con iste caminho de pensamento tamén me poden chamar radical.Xa sabemos:
Imos Rulinha tan só é un chiste nao o saques fora de contexto.

domingo, 9 de janeiro de 2011

É-che un vinde-o ver



Estou hoxe nas minhas aulas de inglés e andamos a escreber preguntas sobre qué cousas fas no teu tempo libre, xa sabes cousas coma: Cándo é que olhas a televisión? ou Vas comer fora todos os días?....a minha profesora pasa o meu carón, revisa as minhas preguntas e dí que eu son moi boa, que nao fai falha correxirme nada, penso, máis ven tenho a certeza de que ela sinte certa debilidade postcolonialista hacía min, os meus falhos son sempre menos importantes que odas demáis, son a única europea da aula.Ven-che sendo coma aquela vez, na Galiza, cando era pequerrecha e na escola había unha plaga de piolhos; a minha profesora un día tivo a bela idea de mirar as cacholas de todas nós, eu sabía que eu os tinha, sabíao porque era pequena pero nao tonta, cando me tocou o turno a profesora dixo, nao tes. Tiven un trato especial porque era castelán falante, deso fun consciente.
Ben, pero nao é isto o que me levou aquí, a minha British teacher mira o exercicio do rapaz o meu carón e di-lhe, nao iso nao é posibel, Alicia, pode Ahmed te preguntar- che se vas comer coa tua mulher os sábados? eu digo, nao eu estou solteira, resposta fufa. Ela, evidentemente pasa por alto esta frase minha e dilhe a Ahmed, nao podes preguntar-lhe a unha mulher si vai comer fora coa sua mulher. Ouhhhh!!! dixem eu, era iso!!!
Pasa-me as veces nas aulas, é verdade, pero sempre lhes digo os meus estudantes: en Europa isa pregunta é normal pero penso que aquí nao ha. Algunhas das minhas estudantes tenhen me dito, te-mos máis nao falamos. A fufas no Cairo son coma as meigas na galiza, haber-as hai-nas. Somos pobos irmáns, semelha.
Tamén debo dir que as veces cando fago algún comentario sobre o tema nalgunha das minhas aulas ha persoas que din, nao pasa nada porque fales diso, todas sabemos que ha.Pero é un tema que sempre ha que tratar con coidado, non só aquí, tamen na Europa, porque, quem de vos nao ten historias desas para contar? eu tenho unhas cantas.