domingo, 4 de maio de 2008

media verdad, media mentira


Na breve existencia de fufa que leva a Chula-Rula das Pupas, hoxe aprendeu varias obviedades; son así as obviedades, son tan obvias que não as ves.

Uma media verdade é uma mentira, uma media mentira não é uma verdade; é tamem uma mentira completinha.
Cando sintes dentro de tí que as cousas não encaixam é que não encaixam, não importa que a outra/o che venha coa teima, tan masculinamente heterosexual, das paranioas, pensamentos propios sem base; cando dentro de tí sintes que alguma peza vai mal, não escoites; não ouzas perdóns, nen xustificacións, nese primeiro momento, chimpa!! polo teu bem, guiada polo carinho inmenso que lhe debes á persoa que es!!
Antrolóxicamente falando, penso, quizáis estou trabucada, só existen dous roles, e só existe um poder, não importa que te namores duma mulher ou dum home, o sexo não define nada. No mundo heterosexual os roles son máis definidos, hai case sempre un comportamento marcado, no mundo lésbico uma tem máis liberdae para xogar cos dous roles, pero sempre estarás a desarrollar um, ainda que no mundo fufo os berros son máis leves, as bofetadas máis silenciosas.

O poder é outra historia, este é igualinho estés ónde estés; é uma tristura pensar que sempre tes que estar a te protexer, que xamáis podes mostrarte sem os puhos dispostos a disparar. Na vida sentimental, coas colegas, cando estao a dar aulas,..en todos os momentos da vida, hai cuotas de poder que non lhe podes dar a ninguem; aquí não pode chegar a utopía; podes procurar não desarrollar poder nas túas relacións, pero sempre te tes que protexer, e esto é tamén poder.
A vida é asim!! dicía uma amiga, para qué sirve a utopía? era uma das suas preguntas; a utopía sirve para muitas coisas, para autocriticarte, para autolimitar a tua libredade e posicionarte no respeto, para creer, para estar sempre en loita contra o que nos define coma sociedade imperfeita, para não sentar a beira de ningum caminho de autocontemplarte la autocomplacencia!!

Foto1:Patricio Estay
Foto2: Alexandra Boulat

1 comentário:

disse...

ai minha rula, riquinha, quanta quanta raó tens...
que bonic veure per escrit pensamientos acaecidos, conversaciones de paseo...
bikos e vemonos cedo espero...
bota un olho ao meu bloc!