terça-feira, 11 de novembro de 2008

imperialismos incoscientes

Últimamente estou a pensar que as cousas funcionan igual a nivel social e a nivel persoal, de seguro que isto que estou a dicer é unha evidencia para moita xente, sintoo eu estoume a decatar nestes tempos.
Cada unha de nos está insertada nun campo de poder, habitualmente o poder está nos normais, ou o poder está en estar máis cerca dos normáis, o poder está nas brancas, ou en estar máis cerca das brancas, ...moitas veces unha nao é consciente de estar inmersa neste organismo, sempre tiven medo desto, desa parte das minha limitacións das que nao son consciente, e nao me refiro a mentirme nas minhas limitacións; esta é unha técnica habitual de todas, pero cando te mistes ter as claras, están ahí, ainda que agochadas, o terribel son as cousas nefastas que en tí ha e das que nao es consciente.


Hoxe estiven nun desde cursos de espanhol que organiza a minha institución, tenho un companheiro, chamémoslhe "Keda".Keda é un espanhol!!! simpático, boa xente, de mente aberta,...un tipo que non conhezo, na verdade. Keda trabalha en duas instirucións diferentes, nunha delas trabalha conmigo, na outra nao. Hoxe na metade do curso, nesas explicación metodolóxicas para motivar as alumnas e bla, bla, bla, él dixo (fago tradución simultánea):

- "Eu doulhe sempre os meus estudantes nomes de personas para que busquen información sobor deles en internet e así conhezan a cultura espanhola(!, la grande!!!)"

Duas das súas estudantes venhen as minhas aulas, o final das minhas aulas sempre me venhen cos exercicios que él lhes envía para casa, eu nao lhos fago, evidentemente. O outro día unha delas viu cun papelinho con varios nomes e pidiume que lhe dixera algo da biografía desas personas; entre as persoaxes estaban: Che, Simón Bolivar, Pablo Neruda,...e nao lembro máis.

Esta manhán, cando o escoite falar, algunhas desas cousas que viven dentro de min, pegou un berro infernal.......... "Cultura espanhola, noooooonnnnnnnn moooo podo creeeeeeeeerrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!".

Imperialismo inconsciente- pensei.


Photo: Katharina Gilcher

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

Yira, yira!!!!


Ahí che vai, como sempre, a Chula das Pupas, a Babaluka a darlhe voltas e máis voltas o cotidianiedade do seu interior.
¿Quém somos, cómo somos, qué somos, cándo somos e cándo non somos?
Podes ser unha e ser muitas, todas somos asím: metidinha nas estucturas sociais, na procura de as romper, a sofrer coa palabra de calquera, coa capacidade da felicidade contemplativa, a sonhar imposibels, ou a viver imposibels ( que é máis divertido), a crear paranoias, a viver na autosuficiencia, a procurar a autosuficiencia sumida nunha destrucción melancólica interior....con muitas de estas vou eu agora, "melancólicamente" dependente, entre a alegría e a tristura, metidinha en comportamentos sociais ou persoais que non me son gratos, pero que están tan dentro de min que é difícil romper os. Dependente dos demáis, do que pensen de min, de que me queiran ou no, dunha palabra ou dun silencio....cunha nada grata carraxe dentro que me fai estar encarrexada sen motivos e autodestruir a minha propia capacidade de de ledicia...