Vou no metro e o meu carón ha un linda rapariga segura de sí mesma; esto venche sendo igual en todas partes do mundo, miro para ela e penso que quizáis a beleza é a máis perfeita manifestación de organización machista.
Es guapa, perfeita para os olhos de todos os hominhos do mundo hétero, crees que o mundo é teu porque es a máis guapa da facultade, os hominhos ríen as túas gracias, debecen polo teu soriso, parapadeas e todo é fácil....pensas que vas a ser feliz gracias a tua linda carinha.
Pero, na verdade os homes hétero so queren a beleza para contemplar a e para venderlla os demáis como súa, nao queren saber qué ha dentro dunha rapaza bonita, queren ponher nela a personalidade desexada, e isa linda rapariga do metro transfórmase, aquí, nunha mulher casada desconhecida para o seu marido que vai perdendo a personalidade a medida que van pasando os anos.
Eu nao son linda pero tenho vivido isto de desfacerte diante dos olhos de alguém para que sí es linda, e punto, nada máis, nen mente nen ideas, só olhos, nariz e corpo.
É máis bonito cando queren en ti algo de dentro, tiven una moza unha volta, saíamos moitas noites e sempre rematábamos discutindo de política con alguém, a penha a miraba a e decíalle: ¿pero esta moza túa está tola? ¿Cómo podes querer a alguém así? ela miraba para min e na sua mirada eu lía: Sí, pero é a minha tola!
Nao sei, neso dei por pensar hoxe no metro...