sexta-feira, 26 de junho de 2009

persoas



Dentro das normas da ética está aquela que establece que a lexítima defensa é válida....sempre pensei que así era, agora nao estou tan convencida. Establecemos que a ética é irrefutabel, máis nao é unha norma humana máis?


Chega un momento en caseque todas as relacións nas que se establece a superviviencia de egoismos. Tí queres unha cousa eu quero outra totalmente diferente pero estamos xuntas; es ti ou eu, tenhote en fronte a pesar de que te quero...ou te fago dano ou me fas dano, tenho, irremediablemente que alonxarme, agora xa nao es parte de min, es a outra...

Éticamente estou salvada, pero ha algo dentro de min que di que nao estamos salvadas.

terça-feira, 9 de junho de 2009

enerxias


Miro e pregúntome, intento definir máis nao sei qué é, so sei que ha unha enerxia en min, vai e ben, ben e vai, reméxeme, asústame, fai ser unha rapariga asustada, nao eu, sube, baixa e deposíatase no meu centro, sen a poder dominar.

segunda-feira, 8 de junho de 2009

eu colonialista...




Onte tiven un pensamento colonialista hacia ti...foi un segundo, o segundo que algo que está dentro de min toma liberdade sen pasar pola ética.


Cómo se pode ter un xuicio colonialismo de superioridade hacía alguén da que gustas, pódese...eu son a proba; si para outras miraras o mesmo xesto pola sua parte tería outro significado. Pero crecemos dende a mirada da superioridade.

domingo, 7 de junho de 2009

estrenhezas


Vou no metro e dame por pensar cóm0 a cultura na que creces forma parte de ti...algo normal para min é anormal para ti, é así en todo o mundo, a normalidade é un discurso político non unha elección persoal, estar dentro das estructuras do normal fai de ti unha persoa a respetar en todas as sociedades pero nao fai de ti unha persoa feliz....a felicidade nao está na normalidade, a felicidade está en ser ti mesma, e iso é sempre unha anormalidade, nao ha un comun de felicidade para todas.


Paradoxas das rarezas:
Tou no metro, vou caminho do trabalho, unha rapaza con nikab mira para min asustada, asustada polo meo pelo curto, penso. Eu, na sua mirada leo: "O meu Deus, cómo é que te atreves a ir asím?" eu miro para ela e digilhe: "Na minha sociedade a rara es ti"

Gosto das miradas curiosas mais nao gosto das miradas da rareza.