quinta-feira, 18 de novembro de 2010
Tamos
Últimamente anda a dar voltas na minha cachola unha cousa na que nunca antes tivera reparado. Fixeron as feministas occidentais a elección dun caminho adecuado? imos bem co noso pensamento ou andamos un chisco desorientadas? quizáis o noso concepto de liberdade nao sexa realmente libre para nós, quizáis deberíamos facer una análisis máis profundo sobor de ónde vimos, unha crítica o noso propio sistema de valores.
Claro que a gran pregunta, e ista si ma tenho feita un murikinho de veces é: qué che ven sendo o feminismo? é posibel facer unha revolución feminista? porque, o feminismo, nao é un durísimo caminho persoal a maioría das veces intransferibel?
Penso que no occidente andamos a dar paos de cegas procurando atopar un caminho de liberdade, pero andamos a pensar que a liberdade é o que os homes tenhen, e iso, nao nos fai esclavas de outra visión alienante? quizáis podamos ter a posibilidade de ser realmente libres, libres dentro de nós mesmas, nun caminho propio que nao se deixe levar por historías de "mulheres-poder".
Pero en verdade todo este pensamento empezou dende: por qué pensan unha chea de mulheres feministas occidentais que poden ir a decirlhe as restantes mulheres do mundo cómo deben facer o seu caminho de liberdade e cales son os espacios de sumisión cos que deberán romper?
sábado, 23 de outubro de 2010
Pedrinhas
Dentro de cada unha de nos ha unha mentireira, pensado asím semelha unha idea demasiado grande para dixerir-a, pero,creo, en verdade, mentimos-nos a nós mesmas e logo mentimos as demáis para poder ocultar esas verades coas que nao queremos viver; ista idea sí que provoca un abismo en min, porque si eu nao podo saber nunca nada verdadeiro de ti, e ti nao podes nunca saber nada verdadeiro de min, se as duas nao podemos ser nunca sinceiras, entón, qué tipo de comunicación existe entre as persoas?
As dudas existencias, levan a algunha parte?
segunda-feira, 11 de outubro de 2010
En ti
En min, quizáis tamén en ti, nao sei, pero de seguro en min habita o machismo; o machismo é aquilo que me fai asimilar sen dúbidas, sen interrogantes, sen búsquedas interiores, que ha unha/un superior a min, por quem lutar, por quem se sacrificar, por quem demostrar ese instinto maternal mal orientado no que nos crían; non nos educan, críannos, coma criamos os animais, sen respetar os.
O machismo nao é unha cuestión de homes, é unha cuestión de poder, no fufismo existe tamém o machismo porque ha fufas que caminhan dende pequenas nas veredas do poder, claro!!! digo eu, convertida o fufismo os 35, si de pequena tivera conciencia do meu fufismo, eu tamén tomaría a vereda do poder; gostas das mulheres es un home, é un pensamento fácil e libertador. A homosexualidade masculina expúlsate do poder, a homosexualidade femenino pode meterte no poder, quizáis por iso é unha elección menos traumática....pero ista é unha outra historia.
O caso é que nacín mulher e crecín fora do poder, a verdade é que asimilei o machismo tan dentro de min que desfacerse de él é unha loita diaria que as veces perdo e na que as veces pérdome, vénhome abaixo porque sei ónde está o que busco pero ha algo dentro de min que me coloca na comodida do "malo conhecido".
O cabreo nao é o caminho, pero a loita require cabreo.
quinta-feira, 9 de setembro de 2010
a ti
O amor é unha enfermedade occidental? é unha teima creada polo sistema para que nao olhes para outros lares, para qué nao te preocupen outras teimas máis socialmente peligrosas? si nao tivéramos tanta obsesión social polo amor e as suás manifestacións, en qué andaríamos a teimar? todo na nosa sociedade é o amor, o amor é un todo sen límites, nada pode co amor, ficou así establecido por "Romeo & Julieta",o amor pode máis que a familia, máis que calquer tipo de convención, non ha nada imposibel para o amor, é dicer, nao ha límites.
É o tema de caseque todas as cancións que se divulgan, está nos films a cada intre, na rúa, nas conversas, na tua realidade, nao se pode vivir fora do amor, estás a perder parte da felicidade se vives fora do amor.
Pero... nunha sociedade que se relaciona con mecacnismos de poder o amor debería ser unha cousa moi limitada, o menos limitada polo respeto ( claro que....quem a rulinha que me define repeto?). Unha das primeiras normas, quizáis, debería ser: ámate a ti mesma dentro do mundo que formas coa outra, pero nunca ames à outra máis que a ti mesma.
domingo, 18 de abril de 2010
Sabemos as occidentais mirar?
Unha nace onde nace, éche así mesmo a cousa, forma tan parte de ti que as veces nao a podes detectar.
Occidente ten a base de ir mirar as "demáis", pero sempre é ese concepto das "demáis" que nos coloca na superioridade. Edúcannos para ir conhecer o diferente pero imos coa idea de mirar sen mirar, facemos interpreatcións de culturas que miramos dende fora, sen saber que se pode mirar tamen hacia dentro cando pra fora se esta a olhar.
No avión de volta un senhor, moito simpático que vinha o meu carón, (nao ha ironia nesta frase) preguntoume cando soubo que estaba a vivir no Cairo:
E logo ti cómo te levas coa relixión? (Deume de cheo o cabrón)
Eu lévoo bem porque penso que de igual forma que eu fun educada na idea de un non-Deus elas foron educadas na idea de un Deus, e as duas vivimos convencidas; pero cos matices de que: eu penso que occidente ten una ha relixión que nao reconhece, chamada razón,e, que elas nao tenden a implantarme a sua verdade. (Aquí bloquei eu).
Nao sei si temos a obriga de replantearnos qué son a Razón e o laicismo e o por qué de darlhes tanta importancia, pero quizáis sí deberíamos plantexarnos a cuestión de por qué nao podemos simplemente mirar as demáis sen preestablecer a "razón" da nosa parte.
terça-feira, 23 de março de 2010
eu a mixiriqunhas 2
Até onde es libre verdadeiramente en occidente? podes realemte gritar a túa sexualidade tan abertamente coma nos fan supor? entón por qué en cada unha de nós reside sempre un anaco de silencio?
Eu escondo a minha sexualidade actual no meu pasado heterosexual, fago mención a algún mozo que tiven no pasado e así fico excluida da dúbida; as vedes, por qué?, todas precisamos de entrar na calma da normalidade.
Occidente pensa que o berro é a súa defensa, o silencio semalha ser a técnica de oriente,( podes facer o que che pete mentras nao o digas), semalha unha mesma lota con dous caminhos, pero, en verdade nós calamos un sin fín de veces e elas berrean moitas máis.
terça-feira, 12 de janeiro de 2010
eu, a mixiriquinhas
O medo métesenos dentro e nao nos deixa, fica en nos e paralízanos, somos pedra entón.
Unha vez tiven un medo atroz, tiven tanto medo a viver que perdín o soriso, sabía cal era a saída, pero o medo era unha grande parede coa que nao me quería enfrentar, qué facer despois? qué facía eu soa neste mundo si abandonaba o meu recuncho? o recuncho nao me facía feliz pero meter o pe fora enchíame de pavor.
Un día, gracias a Deus, foi o meu recuncho quem me expulsou e entón saín, saín e descubrín que a parede de medo nao era máis que unha nube de fume.
Dende entón, cando o medo se apodera de min, (que o fai moi a miudo) penso que o medo é fume, que nao existe, que está fora de min,o medo está igual en min, pero paralizame menos.
Cando eu tenho medo fagoche dano a ti, quizáis deberíamos pensar nesto a próxima vez que nos refuxiemos da vida no medo. O teu medo fai de ti e de min duas mortas.
Foto: Alexandra Boulat
http://www.viiphoto.com/showstory.php?nID=275
Subscrever:
Mensagens (Atom)