domingo, 9 de janeiro de 2011
É-che un vinde-o ver
Estou hoxe nas minhas aulas de inglés e andamos a escreber preguntas sobre qué cousas fas no teu tempo libre, xa sabes cousas coma: Cándo é que olhas a televisión? ou Vas comer fora todos os días?....a minha profesora pasa o meu carón, revisa as minhas preguntas e dí que eu son moi boa, que nao fai falha correxirme nada, penso, máis ven tenho a certeza de que ela sinte certa debilidade postcolonialista hacía min, os meus falhos son sempre menos importantes que odas demáis, son a única europea da aula.Ven-che sendo coma aquela vez, na Galiza, cando era pequerrecha e na escola había unha plaga de piolhos; a minha profesora un día tivo a bela idea de mirar as cacholas de todas nós, eu sabía que eu os tinha, sabíao porque era pequena pero nao tonta, cando me tocou o turno a profesora dixo, nao tes. Tiven un trato especial porque era castelán falante, deso fun consciente.
Ben, pero nao é isto o que me levou aquí, a minha British teacher mira o exercicio do rapaz o meu carón e di-lhe, nao iso nao é posibel, Alicia, pode Ahmed te preguntar- che se vas comer coa tua mulher os sábados? eu digo, nao eu estou solteira, resposta fufa. Ela, evidentemente pasa por alto esta frase minha e dilhe a Ahmed, nao podes preguntar-lhe a unha mulher si vai comer fora coa sua mulher. Ouhhhh!!! dixem eu, era iso!!!
Pasa-me as veces nas aulas, é verdade, pero sempre lhes digo os meus estudantes: en Europa isa pregunta é normal pero penso que aquí nao ha. Algunhas das minhas estudantes tenhen me dito, te-mos máis nao falamos. A fufas no Cairo son coma as meigas na galiza, haber-as hai-nas. Somos pobos irmáns, semelha.
Tamén debo dir que as veces cando fago algún comentario sobre o tema nalgunha das minhas aulas ha persoas que din, nao pasa nada porque fales diso, todas sabemos que ha.Pero é un tema que sempre ha que tratar con coidado, non só aquí, tamen na Europa, porque, quem de vos nao ten historias desas para contar? eu tenho unhas cantas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário