domingo, 20 de julho de 2008

Morrinha


Son as tres da tarde de un venres-domingo, estou na minha casa a estudar coa tele, é unha boa hora, digome, para pensar tactilmente en tí.
Lahzan!! Nun instante, pregúntome: Cántas fufas haberá neste instante, nesta cidade, a se disfrutar?.
Sempre remato coa mesma constatación; non é o meu goce o que estou a necesitar. Preciso do teu co meu, do meu co teu, de ti e min; das túas mans, da loucura dos teus beizos entre o pescozo e o peito, da tua imaxen , arriba, debaixo, a carón meu....de poderte bicar e bicar sen fin, da almofada non compartida, da Pipa que entra, da choiva que cae e o vento a nos soprar.
Existencialmente a constatación da tua ausencia está prohibida para min, saiu a rúa obrigada pola teima que me trouxo aquí e penso: Ten senso todo isto? o esforzo de non entender, de estudar, da soedade.... Pensamento non permitido!!!!!!
Existencialmente tes que ser unha presencia, a forza que me leva a rúa.

Sem comentários: