quinta-feira, 31 de julho de 2008
A procura
Minha irmá díxome fai pouco que estaba ben que marchara, pero que tamén estaría bem que fora atopando algo de aquilo que ando a procurar; o certo é que nunca souben qué andaba a procurar, fai tempo que tomei consciencia de que de algo andaba a fuxir, pero tampouco sei de qué.
Quizáis, penso, quería atopar unha explicación para todo, algún tipo de verdade que me dera a receta máxica da comprensión social; tarefa imposible porque a xentinha estamos cheas de matices; casi de seguro que ando a fuxir da minha incapacidade de aprender das cousas pequenas, tenhenme que dar de cheo na testa para as ver....
Non se! neste mes, coas minhas aulas, pensei que no fondo todas somos iguais, todas nos movemos polas mesmas sensacións; non importa que leves velo ou minisaia, que tapes a face para non te mostrar ou te enchas de pintura para mostrar algo que non tes.
Hoxe, na minha aula de nivel 7 falamos destas cousas, de occidente, dos árabes, da relixión musulmana, da relixión da razón,... e chegamos a conclusión de que a única solución é o repeto.
Linda conclusión!!!
Utopía intercultural!!
Fotos: Alexandra Boulat
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário