quinta-feira, 15 de outubro de 2009

ahì vai



Asì vai, manter ou perder, ta bom, a vida é un remuinho de incertidumes, destruir e protexerse; manter máis, quizáis, destruirse... a vida é ludópata?

sábado, 10 de outubro de 2009

Deus, o Destino, o Universo, a ironía


Debe haber un Deus penso eu, ti sentas unha noite diante da porta da túa casa a mirar as estrelas (tenhense que ver as estrelas) e pídeslhes un desexo, pider o con todas as túas forzas e chega un intre no que sentes que o universo te escoita e toma nota dos teús desexos....despois cúmplechos.
Pero as cousas nunca venhen en forma de ideal e ha algo que esquecelhes especificar, ha que ter coidado co que se pide porque se cumple, semelha que no universo tamén ha burocracia; él concédeche o que pides, nen máis nen menos e logo ti apanpas coas consecuencias das cousas que nao previches.
Ti vas un día e sin quere dis: Eu nonca o faría...pois ven o destino o universo, Deus, dame igual, alguém será e ponche nesa mesma situación da que renegaches, burocracia eficaz, diría eu.
Ti vas un día a unha cidade e conheces a alguém, pensas que é o destino quem cha puxo diante, nao te podes resistir.....pensas que si cha puxo o destino é porque todo vai sair bom...pero nao...o destino poncha ahí para que ti te enfrontes a unha fraqueza, para que cambias de rumbo, para que aprendas...pero eu nao quero aprender, eu so quero estar con ela.

Photo: Carlos Lujan

http://www.nazcapictures.com/feature.php?page=3&id_reportage=285&travel=n

domingo, 26 de julho de 2009

persoas




Cada unha de nos é un mundo...o meu semelha cada día máis solitario.
Cóstame comprender cómo para alguém os cartos son un fin vital, cómo alguém nao sinte a necesidade de se preguntar sobor de nada, nao entendo cómo se pode viver con ese pensamento, claro que respetar nao é comprender.

domingo, 19 de julho de 2009

Alfonsina Storni


Hai tempo que conhezo este poema, hoxe tenho ganas de aqui o ponher, porque sinto que na relación de sexos tradicionais, nao importa si son iguais o diferentes,dentro das obligacións sociais tradicionais que te establecen dentro da tristura das normas, ha sempre alguém que che fai sentir mal por te protexer, ou ha algo en ti que te fai defenderte sen piedade, nao che sei ónde ta o bem ou o mal... pero ando un chisco farta de este sentimento de sentirme mala persoa por cabrearme cando nao me coidan....


Hombre pequeñito
Hombre pequeñito, hombre pequeñito,
suelta a tu canario que quiere volar.
Yo soy tu canario,hombre pequeñito,
déjame saltar.

Estuve en tu jaula,hombre pequeñito,
hombre pequeñito qué jaula me das.
Digo pequeñito porque no me entiendes
ni me entenderás.

Tampoco te entiendo, pero mientras tanto
ábreme la jaula, que quiero escapar;
hombre pequeñito, te amé media horano
me pidas más.


Ta todo dito

























Photos:Katja Heinemann

sexta-feira, 26 de junho de 2009

persoas



Dentro das normas da ética está aquela que establece que a lexítima defensa é válida....sempre pensei que así era, agora nao estou tan convencida. Establecemos que a ética é irrefutabel, máis nao é unha norma humana máis?


Chega un momento en caseque todas as relacións nas que se establece a superviviencia de egoismos. Tí queres unha cousa eu quero outra totalmente diferente pero estamos xuntas; es ti ou eu, tenhote en fronte a pesar de que te quero...ou te fago dano ou me fas dano, tenho, irremediablemente que alonxarme, agora xa nao es parte de min, es a outra...

Éticamente estou salvada, pero ha algo dentro de min que di que nao estamos salvadas.

terça-feira, 9 de junho de 2009

enerxias


Miro e pregúntome, intento definir máis nao sei qué é, so sei que ha unha enerxia en min, vai e ben, ben e vai, reméxeme, asústame, fai ser unha rapariga asustada, nao eu, sube, baixa e deposíatase no meu centro, sen a poder dominar.

segunda-feira, 8 de junho de 2009

eu colonialista...




Onte tiven un pensamento colonialista hacia ti...foi un segundo, o segundo que algo que está dentro de min toma liberdade sen pasar pola ética.


Cómo se pode ter un xuicio colonialismo de superioridade hacía alguén da que gustas, pódese...eu son a proba; si para outras miraras o mesmo xesto pola sua parte tería outro significado. Pero crecemos dende a mirada da superioridade.

domingo, 7 de junho de 2009

estrenhezas


Vou no metro e dame por pensar cóm0 a cultura na que creces forma parte de ti...algo normal para min é anormal para ti, é así en todo o mundo, a normalidade é un discurso político non unha elección persoal, estar dentro das estructuras do normal fai de ti unha persoa a respetar en todas as sociedades pero nao fai de ti unha persoa feliz....a felicidade nao está na normalidade, a felicidade está en ser ti mesma, e iso é sempre unha anormalidade, nao ha un comun de felicidade para todas.


Paradoxas das rarezas:
Tou no metro, vou caminho do trabalho, unha rapaza con nikab mira para min asustada, asustada polo meo pelo curto, penso. Eu, na sua mirada leo: "O meu Deus, cómo é que te atreves a ir asím?" eu miro para ela e digilhe: "Na minha sociedade a rara es ti"

Gosto das miradas curiosas mais nao gosto das miradas da rareza.

terça-feira, 26 de maio de 2009

Sintoo

Ergome cedo, vístome, vou, subo, entro, baixo,saio, miro, remiro, acércome, alónxome, penso, fantaseo, durmo...e o dia volta de novo e empezar.
Eu gosto de ti, ti nao gostas de min, ti gostas de min eu gosto de outra, eu invento fantasías coa outra, ti, sintoo, inventas fantasías sober de min, cándo ha algo de verdade nos sentimentos? Ha algo de verdade nun bico ou é so unha proyección das minhas fantasías en solitario?
O amor, para ser realmente xeitoso, debería ser sempre correspondido, doutra, nao ten xeito.

quarta-feira, 22 de abril de 2009

Tola é palabra de home


A toleria e unha invención masculina. Dende que tomei consciencia diso enfurezo cada vez que escoito esta frase en beizos de home para xustificar cabreos propios ou desconhecementos alheos.

Unha mulher enfurece por algo e un home di: "Está tola", porque esa furia escenifícase, para el, nalgo que semalha chegar de ningures. Unha vez escoitei a Saramago dicer:

"Os homes din que nao entenden as mulheres, pero é porque nao miran para elas. De repente ela fai algo que él nao sabe de ónde ven, pero si para ela mirara descubriria que facia tempo que vinha tendo un problema o que estaba disgustada por algo e que eso que él está a ver nao é máis que a explosión dunha situación, por el, ignorada"
Axudados pola forza das costumes e favorecidos polas estructuras educacionais que nos someten a cegueira moitos homes utilizan a frase tamen para xustificar cabreos propios descargados sobre mulheres, "Nao son eu quem tem o problema es ti que estas tola quem me enfurece!!", e moitas de nos nao nos damos conta e pensamos que tenhen razon, e rematamos creendo que estamos tolas.
O bom das palabras e que sempre poden mudar de significado, podes facer as tuas e desfacerte da carga negativa, podes pensar que a xenialidade ta na tolemia, podes reivindicar a tua parte tola..pero o melhor e que pechemos as orelhas as palabras desagradabeis dos homes!!!! sempre que poidamos!!!!!

terça-feira, 10 de março de 2009

Belezas


Vou no metro e o meu carón ha un linda rapariga segura de sí mesma; esto venche sendo igual en todas partes do mundo, miro para ela e penso que quizáis a beleza é a máis perfeita manifestación de organización machista.

Es guapa, perfeita para os olhos de todos os hominhos do mundo hétero, crees que o mundo é teu porque es a máis guapa da facultade, os hominhos ríen as túas gracias, debecen polo teu soriso, parapadeas e todo é fácil....pensas que vas a ser feliz gracias a tua linda carinha.

Pero, na verdade os homes hétero so queren a beleza para contemplar a e para venderlla os demáis como súa, nao queren saber qué ha dentro dunha rapaza bonita, queren ponher nela a personalidade desexada, e isa linda rapariga do metro transfórmase, aquí, nunha mulher casada desconhecida para o seu marido que vai perdendo a personalidade a medida que van pasando os anos.

Eu nao son linda pero tenho vivido isto de desfacerte diante dos olhos de alguém para que sí es linda, e punto, nada máis, nen mente nen ideas, só olhos, nariz e corpo.

É máis bonito cando queren en ti algo de dentro, tiven una moza unha volta, saíamos moitas noites e sempre rematábamos discutindo de política con alguém, a penha a miraba a e decíalle: ¿pero esta moza túa está tola? ¿Cómo podes querer a alguém así? ela miraba para min e na sua mirada eu lía: Sí, pero é a minha tola!

Nao sei, neso dei por pensar hoxe no metro...

domingo, 1 de março de 2009

Fufa nova?


Unha tem que se atopar ainda se chega o fufismo os 35, levada non por se sabe qué. Tiven poucas sensación pausibles cando me descubrín fufa, a primeira foi una enorme sensación de liberdade a segunda un sentimento de estar na casa.
Nao pretendía estar con nigúm home, era una regla pactada dende mín para poder caminhar, pensaba eu, só nunha dirección; pero, as cousas, nao sei por qué, tampouco, pero sempre son así e a vida vai e ponche diante a alguém para un rollo.O rollo toma cauces inesperados a ha alguém do sexo oposto namorado de tí.... Este fin de semana descubrín que quizáis sexa eu a que ten un problema nao defenido cos homes, un problema de incompatibilidade de cartacteres, un choque constante cos tonos de voz, coas miradas compartidas, cos susurros, coa a forma de amar....un home mira para ti, (ou eso percivo eu) sem te mirar, sin che interesar, nao sei, eles pensan que te miran e que te queren máis o que queren nao está en ti, logo, qué caralho venhen a querer? e ti sintes ese valeiro de ti mesma, de nao ser e estableces a loita constante por non ceder territorio.
As mulheres poden ter manifestación de carácter masculinas, pero nunca van mirar para ti coma si nao estiveran a ver o que tenhen diante, o melhor algunha nao está tan enamorada de ti como para apreciar cousas tuas, máis vante mirar a ti....sinto eu.
Así que aquí che está a Chula das Pupas, cabreada, farta,triste, a reflexionar!!!

domingo, 15 de fevereiro de 2009

De súpeto


Así son as lembranzas, pequeninhos anacos de tempo que esconden un mundo, taba a Chula das Pupas tan ricamente a ponher un examen, libre, por tanto, pensaba, de calquer pensamento lírico; cando de pronto unha voz no c.d. fixo posibel a teletransportación. Pasín do deserto a choiva, de súpeto lembrei o que era o vento fresco de Porto, volvín a estar na minha cama, fora chovía, escoitábase o cuco e María estabame a esperar pola noite. Todo eso, de súpeto, nun instante. Gostei do meu tempo en Porto...
Espertei e seguín co exámen a lembranza trasformouse de novo en cotidiano cando puxen a grabación catro veces.
Son lindas as sinecdoques da vida!!!!