terça-feira, 5 de agosto de 2008

Miradas

Kando facía aulas en Porto tinha un estudante cego, o libro estaba feito para videntes, tarefa difícil orientar unha aula con videntes e un invidente, eles "miran" a través do ouvido e da voz, o resto miramos a través dos olhos.
Aquí eu levo un pano na testa, un chal sobor dos hombros, toda cheinha de roupa de arriba a baixo, a pesar da minha cara de turca para case ninguén desta cidade paso por exipcia, a minha forma de caminhar, de moverme, de mirar, o meu chal..todo me delata como occidental. (As veces, só as veces, moi poucas veces consigo mimetizarme e pasar por libanesa).
A semán pasada fun o centro da cidade, quedara cunha colega espanhola para dar unha volta, saio do metro, pano, chal, pantalóns e vestido, gafas de sol,... nas escaleiras tenho un encontro con duas occidentais, cruzamos miradas e nos seus olhos percibín un:
-"Vaia, unha exipcia moderna!!!"
Evidentemente haiche que ser non árabe para ter esta apreciación.
Hoxe, no metro, tinha que mercar un bilhete e só tinha moedas moi pequenas, de menos de unha libra, moedas que pouco utilizas si es occidental; aquí, si es occidental, o máis barato custa unha libra, eu conhecía bilhetes de media libra ou cuarto de libra...pero aquelas moedas que se vinhan acumulando dende fai un mes na minha carteira tinhan valor desconhecido para min.
Acércome a ventanihna e ponho as moedas na minha palma, dou a volta e preguntolhe a primeira mulher que atopo: "Tenho unha libra aquí?", estaba completamente cuberta, só lhe podía ver os seus olhos, estendo a man para facerme comprender melhor, mírame, acércase, deixo a calderilha enriba do mostrador e ela empeza a contar as e falarme en inglés; tinha os olhos cheos de intelixencia, e unha mirada chea de forza.
Quizáis cada unha de nos mira aquelo que quere mirar, para ver aquelo que quere ver.

Sem comentários: