O outro día Dani, agora "doblemente iluminado" preguntábame si non me decatara da senhal escura que moitos homes levan na fronte, non, a verdade é que non me fixara, primeiro porque non os miro, mirar directamente os homes a cara comunica mensaxes de deseo,(con todas as aburridas consecuencias que iso conleva) e

Cando vexo a unha posible fufa no metro métome no mesmo vagón, só para a mirar, cando a vexo pola rúa párome, cando a tenho nas aulas dedícolhe especial atención pero nunca, nen unha soa vez, percivín un sí nas súas miradas.
Onte no metro vin unha butch, ( uns cincuenta anos, chaqueta masculina e saia monxil- ía así, zapatos pechados) foi coma unha aparición, miroume da arriba abaixo cando entrei, (estaba no vagón das mulheres), eu mireina, esbocei unha media sonrisa, púxenme detrás para poder ver a polo cristal do metro e podernos comunicar. Excepto a mirada do principio, nada, nengunha outra senhal para confirmar, nen un movemento que eu puidese reconhecer.
¡É duro ser unha principiante fufa no Cairo!!!
Foto: mani trans bcn 2007.
Sem comentários:
Enviar um comentário