Eche unha frase ben evidente, xa o sei, pero eu estou a viver agora no Cairo e nestes tempos a homosexualidade é un delito; o Mubarak ( que, ironías da vida, significa, o compasivo), leva no poder unha chea de anos pero a homosexualidade é delito tan só dende fai menos de dez anos.
Nao ha nengunha sura do Corán, nin das máis fiabeis nen das menos que condene a homosexualidade; un companheiro fufo (que marchou) contou que fai dez anos a cidade estaba cheinha de locais de ambiente, contou que había uns tres para fufas; un día, Mubarak decatouse de que o seu filho era fufo, fufo con parelha, e entrou en cólera, en menos de seis meses pechou todos os locais e comenzou a persecución, o derradeiro local en se pechar foi un barco no Nilo, nunca festa a policía entrou a golpe de patada (que é a sua linda forma de chamar a porta, todas o sabemos!)e arrestou a todos aquiles que non se tiraron pola borda, ( hai que pensar que o Nilo ten unha corrente tan forte que cando o miras dende algunha ponte non sabes hacía ónde é que vai e que ademáis é perigoso para a saude banharse nel). A partir de entón as cousas empezaron a ponherse chungas, nao te podías fiar de ninguém na rúa porque podería ser un policía.
Na dictadura exipcia todo empeza e remata en Exipto, na mentalidade da maioría dos exipcios a homosexualidade é unha enfermedade, nao sei si curabel ou incurabel.
Tenho visto varias fufas nesta búsqueda constante, máis a Nancy nao a reconhecín, era unha alumna do centro, un amigo exipcio estaba namorado dela, un día declaroulhe o seu amor e ela díxolhe que o sentía moito pero era fufa e tinha unha moza que conhecera na igrexia ( ela é copta).
Entre as minhas amigas na península isto é un simple chisme, aquí é a primeira historia de amor fufo que conhezo, e fíxome muito feliz escoitar a.
Foto: Marco Baroncini
ttp://www.nazcapictures.com/feature.php?id_reportage=392&travel=n&page=1&button_page=Go
Sem comentários:
Enviar um comentário