terça-feira, 11 de novembro de 2008

imperialismos incoscientes

Últimamente estou a pensar que as cousas funcionan igual a nivel social e a nivel persoal, de seguro que isto que estou a dicer é unha evidencia para moita xente, sintoo eu estoume a decatar nestes tempos.
Cada unha de nos está insertada nun campo de poder, habitualmente o poder está nos normais, ou o poder está en estar máis cerca dos normáis, o poder está nas brancas, ou en estar máis cerca das brancas, ...moitas veces unha nao é consciente de estar inmersa neste organismo, sempre tiven medo desto, desa parte das minha limitacións das que nao son consciente, e nao me refiro a mentirme nas minhas limitacións; esta é unha técnica habitual de todas, pero cando te mistes ter as claras, están ahí, ainda que agochadas, o terribel son as cousas nefastas que en tí ha e das que nao es consciente.


Hoxe estiven nun desde cursos de espanhol que organiza a minha institución, tenho un companheiro, chamémoslhe "Keda".Keda é un espanhol!!! simpático, boa xente, de mente aberta,...un tipo que non conhezo, na verdade. Keda trabalha en duas instirucións diferentes, nunha delas trabalha conmigo, na outra nao. Hoxe na metade do curso, nesas explicación metodolóxicas para motivar as alumnas e bla, bla, bla, él dixo (fago tradución simultánea):

- "Eu doulhe sempre os meus estudantes nomes de personas para que busquen información sobor deles en internet e así conhezan a cultura espanhola(!, la grande!!!)"

Duas das súas estudantes venhen as minhas aulas, o final das minhas aulas sempre me venhen cos exercicios que él lhes envía para casa, eu nao lhos fago, evidentemente. O outro día unha delas viu cun papelinho con varios nomes e pidiume que lhe dixera algo da biografía desas personas; entre as persoaxes estaban: Che, Simón Bolivar, Pablo Neruda,...e nao lembro máis.

Esta manhán, cando o escoite falar, algunhas desas cousas que viven dentro de min, pegou un berro infernal.......... "Cultura espanhola, noooooonnnnnnnn moooo podo creeeeeeeeerrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!".

Imperialismo inconsciente- pensei.


Photo: Katharina Gilcher

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

Yira, yira!!!!


Ahí che vai, como sempre, a Chula das Pupas, a Babaluka a darlhe voltas e máis voltas o cotidianiedade do seu interior.
¿Quém somos, cómo somos, qué somos, cándo somos e cándo non somos?
Podes ser unha e ser muitas, todas somos asím: metidinha nas estucturas sociais, na procura de as romper, a sofrer coa palabra de calquera, coa capacidade da felicidade contemplativa, a sonhar imposibels, ou a viver imposibels ( que é máis divertido), a crear paranoias, a viver na autosuficiencia, a procurar a autosuficiencia sumida nunha destrucción melancólica interior....con muitas de estas vou eu agora, "melancólicamente" dependente, entre a alegría e a tristura, metidinha en comportamentos sociais ou persoais que non me son gratos, pero que están tan dentro de min que é difícil romper os. Dependente dos demáis, do que pensen de min, de que me queiran ou no, dunha palabra ou dun silencio....cunha nada grata carraxe dentro que me fai estar encarrexada sen motivos e autodestruir a minha propia capacidade de de ledicia...

terça-feira, 21 de outubro de 2008

Soa

¡Nunca tal cousa tinha visto!
¿Estrana esta sensación de atoparse nun lugar "da mismidade" xa conhecido?.
Soa no comenzo de un novo caminho, mires onde mires o único reconhecibel son eu.
Maalex, para todas, jalas, keda!
Infelismente ten que ser, xa está, é inmodificabel.

As veces.....fas cousas pensando so en tí mesma, nas tuas necesidades, metidinha no puro egoismo; as veces, sen te dar conta estás zangada con algo ou con alguém; as veces nao sumas as consecuencias dos teus actos; pensas que podes dominar os sentimentos e nao dominas nada,.... o final de todo esto vas facendo dano sem controlar.
É unha merda sentir que fas dano as demáis, máis merda que ficar soa.
Beijo, nao para min, para voçe!!

sexta-feira, 26 de setembro de 2008

O fufismo nao é unha cuestión de países.

Eche unha frase ben evidente, xa o sei, pero eu estou a viver agora no Cairo e nestes tempos a homosexualidade é un delito; o Mubarak ( que, ironías da vida, significa, o compasivo), leva no poder unha chea de anos pero a homosexualidade é delito tan só dende fai menos de dez anos.
Nao ha nengunha sura do Corán, nin das máis fiabeis nen das menos que condene a homosexualidade; un companheiro fufo (que marchou) contou que fai dez anos a cidade estaba cheinha de locais de ambiente, contou que había uns tres para fufas; un día, Mubarak decatouse de que o seu filho era fufo, fufo con parelha, e entrou en cólera, en menos de seis meses pechou todos os locais e comenzou a persecución, o derradeiro local en se pechar foi un barco no Nilo, nunca festa a policía entrou a golpe de patada (que é a sua linda forma de chamar a porta, todas o sabemos!)e arrestou a todos aquiles que non se tiraron pola borda, ( hai que pensar que o Nilo ten unha corrente tan forte que cando o miras dende algunha ponte non sabes hacía ónde é que vai e que ademáis é perigoso para a saude banharse nel). A partir de entón as cousas empezaron a ponherse chungas, nao te podías fiar de ninguém na rúa porque podería ser un policía.
Na dictadura exipcia todo empeza e remata en Exipto, na mentalidade da maioría dos exipcios a homosexualidade é unha enfermedade, nao sei si curabel ou incurabel.
Tenho visto varias fufas nesta búsqueda constante, máis a Nancy nao a reconhecín, era unha alumna do centro, un amigo exipcio estaba namorado dela, un día declaroulhe o seu amor e ela díxolhe que o sentía moito pero era fufa e tinha unha moza que conhecera na igrexia ( ela é copta).
Entre as minhas amigas na península isto é un simple chisme, aquí é a primeira historia de amor fufo que conhezo, e fíxome muito feliz escoitar a.


Foto: Marco Baroncini

ttp://www.nazcapictures.com/feature.php?id_reportage=392&travel=n&page=1&button_page=Go

quarta-feira, 10 de setembro de 2008

ONDE HÁ VONTADE EXISTE SIEMPRE UN CAMINO

Já o diz o Tolkien....acrescento que onde há amor há esperanza, o que no meu caso se traduz em espera. E não me importo de esperar. Uma das rações das que gosto de ser mulher que gosta das mulheres, e muito... é porque obviamente nós, nos compreendemos melhor entre nós...obviamente...não estou a dizer nada de novo... Más, também, porque eu acho que até chegamos a compreender as necesidades das nossas companheiras até o infinito.Sou das que penso que o mundo actual és para as mulheres ( peço desculpa a quem se ofenda pelo comentário, más é o que penso...), que uma mulher tem que se realizar em todas as facetas da sua vida, e , para isso tem que fazer concessões.....Não está facil, mas tem que ser....todo isto para te dizer que, estou acá para te apoiar, que gosto inmenso e estou orgulhosa de ti pela tua forza, pelo teu empenho...Sempre pensei que o que uma pessoa é capaz de fazer numa faceta da sua vida...se traduz a todas as demais facetas....

Geme

quinta-feira, 4 de setembro de 2008

Héteroceguera



Vaia!!!!, fufa e fufo no mundo hétero....serán sempre unha parelha???
Son fufa e o meu melhor amigo aquí é fufo, namorado do meu melhor amigo alá.
Cando o meu melhor amigo dalá viu a me visitar comenzou o romance... eles todo o día xuntinhos eu todo o día a trabalhar.
Dous días despois o meu melhor amigo daquí e o meu melhor amigo dalá desapareceron no burato preto do amor ( sen percepcións de tempo ou de espacio)..eu ía o trabalho todo os días, a todas horas, sola, e todas me preguntaban polo meu melhor amigo dalá. E todas se preguntaban porqué o meu melhor amigo daquí non lhes colhía o telefone.
-"X máis X están xuntos, lévanse ben, fixeron moi boas migas"- decíalhes eu.
Ninguén se preguntaba nada.
O meu melhor amigo dalá marchou e deixou anhorante o meu melhor amigo daquá, eu paso todo o día na súa casa, todas se pensan que somos parelha.
Evidentemente x máis x son amigos, y máis y son amigas, x máis y, ainda que pasen o día a desmentir, son parelha.

quarta-feira, 27 de agosto de 2008

Marías minhas.

María debe ser un nome ben fufo, porque en Porto hai un bar para nenas que se chama "María vai coas outras" e eu tenho duas grandes Marías-fufas a formar parte da minha vida.
Unha delas vai e ven den Porto a Salamanca, é a minha María li-ahlamii; baahibik kulluliaum!!!
A outra viu e marchou, pasou un mes a viver no Cairo, a pasear comigo e a me ensinar un murikinho de bos sentimentos e ideas. Tan pronto a vin sentada diante do ordenata do Cervantes pensei :"xa tenho fufa companheira de viaxe".
Gostaba de pasear con ela porque éramos duas fufas na cidade, metíamosnos por calquer rúa, sentábamos en calquer bar a berber te e "beber" xixa, setábamos nun bordilho da rúa a berber Mirinda y Cacola,bebimos alcohol nun bar de cristianos, parábamos en calquer esquina para que ela fumara os seus cigarrilhos de liar...moitas cousas que quizáis soa nunca ía facer e outras que seguirei a facer pero que eran máis divertidas con ela.
Pero, ademáis, ten un placer especial pasear cunha fufa, porque cando paseas cun home toda a xente mira para ti coma si foras a súa comprometida, olhan para el, es a súa responsabilidade; cunha fufa, para min, é diferente, nas minhas experiencias fufiles non existe balaza de poder.

¿As hétero? non sei, ainda non as provei!!!!!

sexta-feira, 22 de agosto de 2008

Fufa no cairo

Cando me propuxen vir a esta cidade ainda non me "iluminara" o fufismo, asi que vin igual, co radar ainda en periodo de probas.
O outro día Dani, agora "doblemente iluminado" preguntábame si non me decatara da senhal escura que moitos homes levan na fronte, non, a verdade é que non me fixara, primeiro porque non os miro, mirar directamente os homes a cara comunica mensaxes de deseo,(con todas as aburridas consecuencias que iso conleva) e segundo porque, sen ser consciente, paso todo o día a procurar fufas, exactamente igual que facía na Europa; pero aquí tenho unha chea de desvantaxes: a homosexulidade está penada pola lei ( a pesar de que din que todo o mundo sabe que o filho de Hosni é homosexual con parelha, ou quizáis xustamente por isto esté penado) e que eu tenho: 1º O radar en ciernes, 2º desconhezo os códigos.
Cando vexo a unha posible fufa no metro métome no mesmo vagón, só para a mirar, cando a vexo pola rúa párome, cando a tenho nas aulas dedícolhe especial atención pero nunca, nen unha soa vez, percivín un sí nas súas miradas.
Onte no metro vin unha butch, ( uns cincuenta anos, chaqueta masculina e saia monxil- ía así, zapatos pechados) foi coma unha aparición, miroume da arriba abaixo cando entrei, (estaba no vagón das mulheres), eu mireina, esbocei unha media sonrisa, púxenme detrás para poder ver a polo cristal do metro e podernos comunicar. Excepto a mirada do principio, nada, nengunha outra senhal para confirmar, nen un movemento que eu puidese reconhecer.
¡É duro ser unha principiante fufa no Cairo!!!

Foto: mani trans bcn 2007.

terça-feira, 5 de agosto de 2008

Miradas

Kando facía aulas en Porto tinha un estudante cego, o libro estaba feito para videntes, tarefa difícil orientar unha aula con videntes e un invidente, eles "miran" a través do ouvido e da voz, o resto miramos a través dos olhos.
Aquí eu levo un pano na testa, un chal sobor dos hombros, toda cheinha de roupa de arriba a baixo, a pesar da minha cara de turca para case ninguén desta cidade paso por exipcia, a minha forma de caminhar, de moverme, de mirar, o meu chal..todo me delata como occidental. (As veces, só as veces, moi poucas veces consigo mimetizarme e pasar por libanesa).
A semán pasada fun o centro da cidade, quedara cunha colega espanhola para dar unha volta, saio do metro, pano, chal, pantalóns e vestido, gafas de sol,... nas escaleiras tenho un encontro con duas occidentais, cruzamos miradas e nos seus olhos percibín un:
-"Vaia, unha exipcia moderna!!!"
Evidentemente haiche que ser non árabe para ter esta apreciación.
Hoxe, no metro, tinha que mercar un bilhete e só tinha moedas moi pequenas, de menos de unha libra, moedas que pouco utilizas si es occidental; aquí, si es occidental, o máis barato custa unha libra, eu conhecía bilhetes de media libra ou cuarto de libra...pero aquelas moedas que se vinhan acumulando dende fai un mes na minha carteira tinhan valor desconhecido para min.
Acércome a ventanihna e ponho as moedas na minha palma, dou a volta e preguntolhe a primeira mulher que atopo: "Tenho unha libra aquí?", estaba completamente cuberta, só lhe podía ver os seus olhos, estendo a man para facerme comprender melhor, mírame, acércase, deixo a calderilha enriba do mostrador e ela empeza a contar as e falarme en inglés; tinha os olhos cheos de intelixencia, e unha mirada chea de forza.
Quizáis cada unha de nos mira aquelo que quere mirar, para ver aquelo que quere ver.

quinta-feira, 31 de julho de 2008

A procura


Minha irmá díxome fai pouco que estaba ben que marchara, pero que tamén estaría bem que fora atopando algo de aquilo que ando a procurar; o certo é que nunca souben qué andaba a procurar, fai tempo que tomei consciencia de que de algo andaba a fuxir, pero tampouco sei de qué.
Quizáis, penso, quería atopar unha explicación para todo, algún tipo de verdade que me dera a receta máxica da comprensión social; tarefa imposible porque a xentinha estamos cheas de matices; casi de seguro que ando a fuxir da minha incapacidade de aprender das cousas pequenas, tenhenme que dar de cheo na testa para as ver....
Non se! neste mes, coas minhas aulas, pensei que no fondo todas somos iguais, todas nos movemos polas mesmas sensacións; non importa que leves velo ou minisaia, que tapes a face para non te mostrar ou te enchas de pintura para mostrar algo que non tes.
Hoxe, na minha aula de nivel 7 falamos destas cousas, de occidente, dos árabes, da relixión musulmana, da relixión da razón,... e chegamos a conclusión de que a única solución é o repeto.
Linda conclusión!!!
Utopía intercultural!!

Fotos:
Alexandra Boulat

domingo, 20 de julho de 2008

Morrinha


Son as tres da tarde de un venres-domingo, estou na minha casa a estudar coa tele, é unha boa hora, digome, para pensar tactilmente en tí.
Lahzan!! Nun instante, pregúntome: Cántas fufas haberá neste instante, nesta cidade, a se disfrutar?.
Sempre remato coa mesma constatación; non é o meu goce o que estou a necesitar. Preciso do teu co meu, do meu co teu, de ti e min; das túas mans, da loucura dos teus beizos entre o pescozo e o peito, da tua imaxen , arriba, debaixo, a carón meu....de poderte bicar e bicar sen fin, da almofada non compartida, da Pipa que entra, da choiva que cae e o vento a nos soprar.
Existencialmente a constatación da tua ausencia está prohibida para min, saiu a rúa obrigada pola teima que me trouxo aquí e penso: Ten senso todo isto? o esforzo de non entender, de estudar, da soedade.... Pensamento non permitido!!!!!!
Existencialmente tes que ser unha presencia, a forza que me leva a rúa.

sexta-feira, 18 de julho de 2008

la vida es sueño




Sabía que te iba a echar de menos, sabía que me iba a doler, como duele saber que hoy no te veré..sueño que extiendo mi mano y te acaricio, primero tu cara, depués tu cuerpo, que cierro los ojos... me aproximo a ti y te beso, estoy junto a tí y siento tu respiración, cada vez más sonora, cada vez más acompasada al ritmo de nuestros cuerpos, el tiempo se para, cuerpo con cuerpo, formando una sola alma...y es ahí, donde quiero estar, donde quiero que no pase el tiempo, que no termine jamás.

segunda-feira, 30 de junho de 2008

Al-Qahira

Aterizaje forzoso!!!!!

Cheguei O Cairo máis chula de pupas que nunca, en medio de histerias propias, alheas e nacionales....l'Spanha del corazón de muchas jugaba una final europea.

No aeroporto comenzan a presas, ónde é que estás, que non vou poder ver o partido? - Eu na cola, meu rei, na cola dos visados, na cola dos pasaportes, na cola das malas,....

" Q cojones sta a passar? "Deixa" a B. ir ver o partido", son palabras testuais dun sms da minha antiga amiga....bem...vexo uma fufa o fondo, alá me vou, cercana a alguem.

Á saída ao aeroporto aquel velho amigo estaba alí, a minha impaciente espera. A cen por hora cruzamos O Cairo, ehhhh. Fun!, O Nilo. Fun!, hostías, O Nilo!

Viva, viva, ganha L'Spanha de mi salmantina; o meu antigo amigo B., antigo anarka, mozo da minha antigua amiga, reservou un hotel de 5 para nos, para el e para min.

B.-Tía, non queres disfrutar de un fermoso edificio do século XVIII, construido para Napoleón?

-Claro, claro, acepto tu gesto burgués.

Haiche que me conhocer pouco para non saber que non podo disfrutar de estos lugares!!; non vexo máis que delitos de poder contra a humanidade, danme ganas de chorar. Haiche que ter un desaforado complexo de inferioridade para disfrutar destes lugares!!!!

Entramos no cuarto, eu fico a descansar, el marcha de festa,ese, o meu colega de 10 anos espétame:

B.- Te echo un polvo o me voy de fiesta?
- Vete de fiesta!!

Volta as catro da manhà, fumamos un cigarro, métemosnos na cama.

B.- Te voy a respetar, aunque me cueste- Dime- Puedes estar tranquila.

Os dous na cama, eu nunha esquina, el na outra, de repente, el dase a volta e comenza a me abrazar o cu.

- Non. digolhe, Deixa o estar.

Pero el sigue.
Chimpo da cama, e non sei para ónde ir, tenho só catro horas máis de sonho, quero descansar, vou para os pes da cama, el ocupa a toda, fai que durme, pero eu sei que non durme; acostome comenzo a pensar.

- Hostías!!!cánto tempo facía que non sentía este poder héterosexual.

Son fufa dende hai caseque un ano, dende un día que me namorei dunha rapaza e pensei....isto algo ten que ser!!!nada tivo que ver con cansancios héteros; pero sentín unha liberdade inmensa que non sabía de ónde vinha.

A minha María díxome unha vez que retornaría a héterosexualidade, porque é socialmente máis fácil, a minha María, penso, desconhece en carne propia os excesos do machismo hétero. Persoalmente o mundo fufo é máis fácil, máis respetuoso, máis tranquilo; as relacións sociais funcionan con poder, pero hai poderes e poderes....
Tudo esto penso mentras estou alí, nos pes da cama,conscente dese momento de mulher sem dereitos que experimento naquel lugar o final da cama, a espera de que el desteime e se de a volta. Ergome e deixo constancia de que quero voltar para a cama a durmir, dase a volta mentras me pide perdón, no seu sonho finxido; bem, eu tamén finxo o sonho rápido. B. érguese da cama e fai un barulho sen fin, non presto atención.
O resto en calma.
Pola manhá érgome e marcho a trabalhar.

¡ Benvida o Cairo! Pupa da Chuleria.

segunda-feira, 16 de junho de 2008

tem que ser ou não tem que ser...esa é a questão...


...Tenho saudades....da minha mitade utópica,
...tEnho saudades....das cores preto e vermelho
...teNho saudades....da musica árabe, das historias contadas
...tenHo saudades...das conversas a noite
...tenhO saudades... dos beijos galegos
...tenho saudades ....da minha Cleopatra.
TANTAS SAUDADES DE TI!!!

terça-feira, 3 de junho de 2008

Nem arre, nem xo


Qué vou facer con isto, dentro de mín, que non podo deixar crecer máis non quero deixar desaparecer?
Sentada a mirar, a mirar para dentro, no máis profundo do meu ombligo, non tenho resposta.
Miro para a minha Peter Pam e deixo a mente en branco; pensar espíchame.
Non penso, non imaxino... foi minha a decisión, é meu este destino?...


Foto:Alessandra Sanguinetti
A Chula das Pupas

quinta-feira, 22 de maio de 2008

Show must goes on


Sólo espero que el viento cambie de dirección, que llueva hacia arriba, que de noche salga el sol, y, que sin estar tú siempre estés conmigo y, como decía aquel, algún día, con ningún pretexto, de repente me necesites.
Sólo quiero que las hojas no caigan, que se eleven, solo quiero cerrar
los ojos si no estás para recordarte y abrirlos para verte frente/
debajo de mí, siempre sentirte....Show must goes on.....


Geme

A Geme


Chove en Porto, chove muito, muito....
Porto, a choiva e Geme son tres partes de min mesma aquí.
Dende hoxe estas lendas xa não van máis soas, venhen de a duas.
Mulher e fufa son duas.
Un beijo, minha rula, rulante, benvida!
Ana ujibbu katiran yismuki, hua 'uthla sa' ida laki.


A Chula das Pupas

Foto: Alexandra Boulat

terça-feira, 20 de maio de 2008

O reino das fufas


Sentada na bara da cafetería a Chulupa das Pupas sinte que o mundo está repletinho de fufas, é coma un mundo paralelo, o guetto como si a Merçe.
Cinco no bar, comigo seis, a velha da dereita, uns sesenta anos e mirar de esquecida fufa forte , a senhora da mesa enfronte da cristaleira, sentada a carón do seu filho de dazasete, fufa-desaparecida, a camareira de pelo liso e olhos de perdida entre tantas costumes héteros, olhos de espera?..... e eu, que tiven a sorte de ser acordada na metade da minha vida.
Na verdade eu non tenho o radar muito perfecionado, calquera sabe si o que vexo é verdade ou puro sonho fufo das dez da manhá; nas minhas visión sinto que son héterofufas, coma min, a viver na "normalidade" social sin perceber o que está dentro de ti.

Foto: Giovanni Cocco

domingo, 4 de maio de 2008

media verdad, media mentira


Na breve existencia de fufa que leva a Chula-Rula das Pupas, hoxe aprendeu varias obviedades; son así as obviedades, son tan obvias que não as ves.

Uma media verdade é uma mentira, uma media mentira não é uma verdade; é tamem uma mentira completinha.
Cando sintes dentro de tí que as cousas não encaixam é que não encaixam, não importa que a outra/o che venha coa teima, tan masculinamente heterosexual, das paranioas, pensamentos propios sem base; cando dentro de tí sintes que alguma peza vai mal, não escoites; não ouzas perdóns, nen xustificacións, nese primeiro momento, chimpa!! polo teu bem, guiada polo carinho inmenso que lhe debes á persoa que es!!
Antrolóxicamente falando, penso, quizáis estou trabucada, só existen dous roles, e só existe um poder, não importa que te namores duma mulher ou dum home, o sexo não define nada. No mundo heterosexual os roles son máis definidos, hai case sempre un comportamento marcado, no mundo lésbico uma tem máis liberdae para xogar cos dous roles, pero sempre estarás a desarrollar um, ainda que no mundo fufo os berros son máis leves, as bofetadas máis silenciosas.

O poder é outra historia, este é igualinho estés ónde estés; é uma tristura pensar que sempre tes que estar a te protexer, que xamáis podes mostrarte sem os puhos dispostos a disparar. Na vida sentimental, coas colegas, cando estao a dar aulas,..en todos os momentos da vida, hai cuotas de poder que non lhe podes dar a ninguem; aquí não pode chegar a utopía; podes procurar não desarrollar poder nas túas relacións, pero sempre te tes que protexer, e esto é tamén poder.
A vida é asim!! dicía uma amiga, para qué sirve a utopía? era uma das suas preguntas; a utopía sirve para muitas coisas, para autocriticarte, para autolimitar a tua libredade e posicionarte no respeto, para creer, para estar sempre en loita contra o que nos define coma sociedade imperfeita, para não sentar a beira de ningum caminho de autocontemplarte la autocomplacencia!!

Foto1:Patricio Estay
Foto2: Alexandra Boulat

quarta-feira, 30 de abril de 2008

chula pupa, pupa chula


Perdida a unidade ahí che vai de novo A Chula das Pupas....rachou en duas, caminhando coa incertidime das existencias, a yim e maila yam...
Son uma menina a acreditar nas maravillas do mundo cando estou a túa beira, e uma parca da ilusión cando non estás.
Uma ente racional focalizada no medo cando me paro a pensar, uma nube de cores cando me lembro da túa cara a faceres....
Rula, que rula, a Chulinha, rulas na mina mente, Rulinha!!!

segunda-feira, 21 de abril de 2008

Trans formar

Alexandra Boulat,

agency vii. páxina 2. Trans en Irán


http://www.viiphoto.com/feature.html

Eugene Richard
Transgender Teen

www.viiphoto.com/detailStory.php?news_id=541
















Lauren Greenfield


agency
vii, página 2.

http://www.viiphoto.com/feature.html





Nao gosto do estilo de todas estas fotógrafas, gosto da Boulat porque vexo moito repeito nas súas fotos, non me pasa o mesmo coa Greenfield, que ten uma outra reportaxe, que pasei de subir.Penso que as fotos refliten o contacto que a fotógrafa tivo coa persoaxe, o tempo que ela pasa con cada persoa e o trato.Greenfield é máis formal, máis distante a Boulat é máis cercana, para mín.

Camininho, camininho...caminhando ningures....

"No vale la pena andar por andar
k es mejor caminar para ir creciendo"
Chambao

Ía que vinha, vinha que ía...sempre polo mesmo camininho a me repetir, a sentires que facía as cousas igualinho, voltas e voltas no memo círculo vicioso das minhas experiencias traumáticas.
Hoxe chimpo!!! voilà!!! a mochilinha as costas. Pronto, finito, halas!! Pensando en mín, na Rula Chula. Xamáis no mesmo punto de arranque, para iso sirve a utopía..para caminhar.
Vou pero non venho máis.
"Anaa maa ´uridu al-´alam!!!
wa lakinnanii ´uridoki katir, katir, ia ´azizatii"
Ia Haraamii!!!

segunda-feira, 14 de abril de 2008

Zenobia no Porto!!!



Aquì estou; sentadinha na minha butaca; boa coma unha menina no seu primeiro dìa de parvulario; os olhos abertos, os óculos postos, dentro da sala cinco minutos ha. Enchida da máis grande das responsabilidades das que tenho capacidade. Eu soa no cine, un pase só para mín!!yupi! yupi!! na minha rutina dos luns, a aprender libanés con Karamel.....

De repente ( é sempre asím??)entra unha que cheira a tí. E a minha concentración lisca para fora de min.

Foto: Marco Baroncini

terça-feira, 8 de abril de 2008

María


Uhhhh!!!!
Rápida coma o vento, gosto de te ver de costas, a te alonxar de mín, con ese erótico son de caminhar!!! Éntranme unhas enormes ganas de te ter en soedade, enriba, debaixo o meu carón,...a me cortar a respiración cos beizos!!!







Foto: Lauren Greenfield.